Para a captación de candidatos/as e a difusión do Plan Laboral CEC Coruña 2025, levarase a cabo unha campaña de comunicación específica. Esta campaña estará presente na páxina web do proxecto, en diversos materiais promocionais e en diferentes medios de comunicación, todo iso en coordinación co Concello da Coruña, garantindo unha difusión efectiva e aliñada cos obxectivos do programa. Unha vez rematada a fase de captación, iniciarase o proceso de selección das persoas participantes. Este será levado a cabo por un equipo de profesionais con ampla experiencia e formación multidisciplinar, que realizará entrevistas individualizadas seguindo criterios homoxéneos e documentados. Todo o proceso desenvolverase baixo os principios de transparencia, equidade e obxectividade, co obxectivo de conformar o grupo definitivo de persoas beneficiarias do proxecto. Na selección valoraranse especialmente aspectos como o interese real por acceder ao mercado laboral, o grao de motivación e compromiso, a actitude proactiva e positiva, así como as habilidades persoais e profesionais das persoas candidatas. O obxectivo prioritario será garantir que as persoas seleccionadas conten co potencial necesario para lograr a súa inserción laboral.