Para a captación de candidatos/as e difusión do Plan Laboral CEC Coruña 2022, elabórase unha campaña de comunicación que conta cunha imaxe corporativa que reflicte a localidade da Coruña. Esta imaxe utilizarase na páxina web, en materiais promocionais e en diferentes medios de comunicación sempre contando coa coordinación do Concello da Coruña.

Unha vez feita a captación empézase coa selección de participantes, onde contamos cun equipo de profesionais cun amplo abanico de coñecementos que se encargarán de entrevistar aos participantes dispoñibles, seguindo un criterio homoxéneo, documentado e respectando os principios de transparencia e obxectividade, para seleccionar o grupo beneficiario definitivo que formará parte do proxecto.

Nesta selección terase en conta o interés por insertarse no mercado laboral, o seu grao de motivación e compromiso, a súa actitude proactiva e positiva, a súas habilidades, onde o obxectivo prioritario e que os participantes conformen dous grupos homoxéneos.