Dende o ano 2018 a Confederación de Empresarios de La Coruña (CEC) ten subscrito un convenio co Concello da Coruña para o desenvolvemento de un Plan integral de emprego. Debido ao éxito acadado nas anteriores edicións do Plan Laboral CEC Coruña, onde analizamos o mercado laboral da contorna da Coruña, identificando empresas empregadoras e seleccionando a demandantes de emprego con perfís afíns ás devanditas demandas, dende a Confederación de Empresarios de La Coruña (CEC) plantexamos para esta nova edición 2022 unha versión do proxecto máis adaptada ás necesidades e suxestións realizadas polos/as beneficiarios/as participantes (máis horas de formación práctica, máis formacións relacionada co autocoñecemento e o benestar persoal e máis sesións de orientacións grupais), pero co mesmo obxectivo de dotar aos/ás candidatos/as de ferramentas axeitadas para a súa inserción no mercado laboral, mediante a formación en competencias e habilidades transversais.

OBXECTIVOS XERAIS

Primeiro Obxectivo

Facilitar o acceso ao mercado laboral das persoas participantes no Plan

Segundo Obxectivo

Aumentar a súa formación e habilidades para a inserción laboral, mellorando os seus coñecementos, actitudes e aptitudes para a empregabilidade.

Tercer Obxectivo

Levar a cabo procesos de intermediación laboral entre empresas e os participantes

OBXECTIVOS

Obxectivos 2022

COLECTIVOS BENEFICIARIOS

Persoas en situación de desemprego

Proxecto

ACTUACIÓNS ESPECÍFICAS

1. CAPTACIÓN DE CANDIDATOS/AS E DIFUSIÓN

Levarase a cabo unha campaña de comunicación para dar a coñecer o Plan Laboral CEC Coruña polo equipo técnico da CEC e contratación externa para captar os 120 participantes previstos.

2. SELECCIÓN DE BENEFICIARIOS

Entre todas as persoas candidatas, o equipo técnico da CEC, seleccionará as 60 persoas máis idóneas para o proxecto, que serán entrevistadas e avaliadas para identificar os 30 beneficiarios do programa.

3. PLAN PERSONALIZADO DE EMPREGABILIDADE

Neste Plan terase en conta o nivel formativo, as expectativas persoais e profesionais das persoas candidatas, e a demanda do mercado laboral.

4. FORMACIÓN

Organizaranse seminarios en liña para dotar aos participantes de ferramentas e recursos formativos para a súa inserción laboral. Entre moitos temas figurarán fomentar ou estimular a creatividade e innovación, ciberseguridade, marca persoal, técnicas para entrevistas de traballo, informática básica, comunicación e oratoria, copywriting ou ferramentas na nube.

5. ORIENTACIÓN LABORAL

Levaránse a cabo durante todo o proxecto entrevistas de orientación, para recabar información e asesorar ao participante, mediante sesións individualizadas para avaliar a actitude de cada un dos participantes e traballar as cuestións que melloren a súa empregabilidade. Ademáis o equipo técnico do programa terá tutorías periódicas para ver o seu progreso.

6. INTERMEDIACIÓN LABORAL

Contactarase con empresas da zona que acheguen oportunidades de emprego. Prospección laboral en xacementos de emprego. Xestión de ofertas de emprego de empresas colaboradoras mediante un boletín semanal. Publicación de ofertas de diferentes fontes de recrutamento.

7. MENTORING PARA INICIATIVAS EMPRENDEDORAS

Ofrecerase acompañamento a todas as persoas participantes que teñan una idea de negocio na configuración do plan de empresa e todo o proceso de creación.

8. AVALIACIÓN E PECHE DO PROXECTO

Realizarase un informe de avaliación de calidade do proxecto que terá en conta as diferentes enquisas das persoas participantes e as opinións dos/as técnicos/as, docentes do proxecto. Así mesmo, realizarase unha xornada de peche do proxecto, coa participación dos/as beneficiarios/as do Plan, dos/as docentes e invitarase a empresas, onde se entregarán os diplomas.

CONTIDOS DA ACCIÓN FORMATIVA

Os contidos organízanse en 5 bloques temáticos, o que implica 14 módulos a impartir, según o seguinte esquema
Tipo de formación Módulo Formativo
Talleres 1. Comprendendo o cerebro
2. Manexo das emocións en tempos de incerteza e estrés
3. A ciencia do benestar
4. Mindfulness e resiliencia ó estrés
5. A ciencia da felicidade
6. Baños de bosque
7. Musicoterapia
Cursos 8. Escribe o libro da túa propia vida
9. Acreditación Docente para a Teleformación
10. Competencias tecnolóxicas

Descargar Díptico 2022

 

ESTÁS SEN EMPREGO OU NECESITAS ORIENTACIÓN?

FINANCIADO POR