Debido ao éxito acadado nas pasadas edicións do Plan Laboral CEC Coruña, onde analizamos o mercado laboral da Coruña, identificando empresas empregadoras e seleccionando a demandantes de emprego con perfís afíns ás necesidades de contratación das empresas, dende a Confederación de Empresarios de La Coruña (CEC), plantexamos unha versión do proxecto máis adaptada os tempos que corren, con toda a formación e as orientacións en liña, pero co mesmo obxectivo de dotar as persoas candidatas de ferramentas axeitadas para a súa inserción no mercado laboral, mediante a formación en competencias e habilidades transversais.
OBXECTIVOS XERAIS
Primeiro Obxectivo
Facilitar o acceso ao mercado laboral das persoas participantes no Plan
Segundo Obxectivo
Aumentar a súa formación e habilidades para a inserción laboral, mellorando os seus coñecementos, actitudes e aptitudes para a empregabilidade.
Tercer Obxectivo
Levar a cabo procesos de intermediación laboral entre empresas e os participantes
OBXECTIVOS
COLECTIVOS BENEFICIARIOS
Persoas en situación de desemprego menores de 30 anos, maiores de 45 anos e mulleres.
ACTUACIÓNS ESPECÍFICAS
1. CAPTACIÓN DE CANDIDATOS/AS E DIFUSIÓN
Levarase a cabo unha campaña de comunicación para dar a coñecer o Plan Laboral CEC Coruña polo equipo técnico da CEC e contratación externa para captar os 120 participantes previstos.
2. SELECCIÓN DE BENEFICIARIOS/AS
Entre todas as persoas candidatas, o equipo técnico da CEC, seleccionará as 60 persoas máis idóneas para o proxecto, que serán entrevistadas e avaliadas para identificar os 30 beneficiarios do programa.
3. PLAN PERSONALIZADO DE EMPREGABILIDADE E ORIENTACIÓN
Levaránse a cabo durante todo o proxecto entrevistas de orientación, para recabar información e asesorar ao participante, mediante sesións individualizadas para avaliar a actitude de cada un dos participantes e traballar as cuestións que melloren a súa empregabilidade. Ademáis o equipo técnico do programa terá tutorías periódicas para ver o seu progreso.
4. FORMACIÓN
Organizaranse seminarios en liña para dotar aos participantes de ferramentas e recursos formativos para a súa inserción laboral. Entre moitos temas figurarán estimular as técnicas de expresión oral, técnicas para entrevistas de traballo, excel, Acreditación Docente para a Teleformación, ou ferramentas na nube.
5. INTERMEDIACIÓN LABORAL
Contactarase con empresas da zona que acheguen oportunidades de emprego. Prospección laboral en xacementos de emprego. Xestión de ofertas de emprego de empresas colaboradoras mediante un boletín semanal. Publicación de ofertas de diferentes fontes de recrutamento.
6. MENTORING PARA INICIATIVAS EMPRENDEDORAS
Ofrecerase acompañamento a todas as persoas participantes que teñan una idea de negocio na configuración do plan de empresa e todo o proceso de creación.
7. AVALIACIÓN E PECHE DO PROXECTO
Realizarase un informe de avaliación de calidade do proxecto que terá en conta as diferentes enquisas das persoas participantes e as opinións dos/as técnicos/as, docentes do proxecto. Así mesmo, realizarase unha xornada de peche do proxecto, coa participación dos/as beneficiarios/as do Plan, dos/as docentes e invitarase a empresas, onde se entregarán os diplomas.
CONTIDOS DA ACCIÓN FORMATIVA
Os contidos organízanse en 7 bloques temáticos, o que implica 15 módulos a impartir, según o seguinte esquema
BLOQUE TEMÁTICO | MÓDULO FORMATIVO | MODALIDAD |
1.- Habilidades e Competencias para procura de emprego
|
1.- Procura emprego na rede | Aula Virtual |
2.- Creación do CV postCOVID-19 | Aula Virtual | |
3.- Técnicas de expresión oral | Aula Virtual | |
4.- Define o teu Obxectivo profesional | Aula Virtual | |
2.- Instrumentos, técnicas e estratégias para a Procura de Emprego | 5.- Simulación de Dinámicas Grupais | Aula Virtual |
6.- Simulacións de Entrevistas de traballo | Aula Virtual | |
7.- Habilidades demandadas no Teletraballo | Aula Virtual | |
3.- Mercado Laboral | 8.- Contratación e nóminas | Aula Virtual |
4. – Creación de empresa | 9.- Modelo de negocio e plan empresarial | Aula Virtual |
5.- Habilidades Persoais | 10.- Control emocional | Aula Virtual |
11.- Consciencia e empoderamento | Aula Virtual | |
6.- Informática e internet | 12.- Almacenamento e comunicación na nube | Aula Virtual |
13.- Ciberseguridade | Teleformación | |
7.- Idioma e docencia | 14.- Acreditación docente | Teleformación |
15.- Inglés | Aula Virtual + Teleformación |