7. Cursos Excel, Inglés B1 e Igualdade

Excel

 
Achegarémonos ás funcións básicas desta ferramenta clave no entorno laboral. Aprenderemos a manexar a interface de Excel, introducir e organizar datos, utilizar fórmulas sinxelas, crear táboas e gráficos, e aplicar formatos para mellorar a presentación da información. Veremos aplicacións prácticas vinculadas á xestión da procura de emprego, como rexistrar candidaturas, organizar contactos ou planificar tarefas. O obxectivo é que cada participante adquira unha base sólida para utilizar Excel con autonomía en contextos profesionais e persoais.

8. Excel
7. Inglés B1

Inglés B1

 
Reforzaremos as competencias lingüísticas necesarias para desenvolvernos con soltura en situacións cotiás e laborais. Traballaremos a comprensión e expresión oral e escrita, ampliando vocabulario, estruturas gramaticais e fluidez comunicativa a través de actividades prácticas, role plays e documentos reais do mundo do traballo. Faremos fincapé na preparación de entrevistas, redacción de correos electrónicos, participación en reunións e presentacións básicas. O obxectivo é que cada participante consolide o nivel B1 do Marco Común Europeo de Referencia, mellorando a súa empregabilidade e capacidade para interactuar en contornas profesionais internacionais.

Igualdade

 
Exploraremos os fundamentos conceptuais, legais e prácticos da igualdade entre mulleres e homes, centrando a atención no contexto profesional. Analizaremos as desigualdades de xénero máis habituais no acceso ao emprego, nas condicións laborais e nas oportunidades de promoción, así como os estereotipos e roles que as perpetúan. Abordaremos tamén ferramentas para a detección e prevención da discriminación e da violencia de xénero no traballo, e boas prácticas para a construción de contornos laborais máis xustos e inclusivos. O obxectivo é sensibilizar, formar e dotar ás persoas participantes de coñecementos e recursos para promover a igualdade real e efectiva nas súas contornas profesionais.

9. Igualdade