6. Como superar unha entrevista de traballo
Como superar unha entrevista de traballo
Prepararemos de maneira práctica e consciente o momento clave do proceso de selección: a entrevista. Analizaremos os distintos tipos de entrevistas, as preguntas máis habituais e como responder con seguridade, autenticidade e coherencia co noso obxectivo profesional. Traballaremos a comunicación verbal e non verbal, a xestión dos nervios e as claves para transmitir valor e confianza. O obxectivo é que cada participante coñeza as ferramentas necesarias para afrontar entrevistas con preparación, autocoñecemento e capacidade para destacar o seu perfil dun xeito claro e efectivo.
