5. Candidaturas espontáneas e networking
Candidaturas espontáneas e networking
Afondaremos nas claves para acceder ao mercado oculto de emprego mediante o envío estratéxico de candidaturas espontáneas e a construción dunha rede de contactos sólida e significativa. Traballaremos como identificar empresas obxectivo, redactar mensaxes de presentación efectivas e establecer conexións profesionais dende unha perspectiva auténtica e sostible. Reflexionaremos sobre as actitudes e habilidades sociais que favorecen o networking e practicaremos ferramentas para ampliar e coidar a nosa rede. O obxectivo é que cada participante saiba como xerar oportunidades laborais máis alá das ofertas publicadas, activando a súa presenza e influencia profesional.
