Modelo de negocio

 
Aprenderás a utilizar esta ferramenta para definir con claridade que produto ou servizo vas ofrecer ao mercado, como o vas a facer, a quen llo vas a vender, como llo vas a vender e de qué forma vas xerar ingresos.

Plan empresarial (Lean Startup)

 
Descubrirás as vantaxes desta metodoloxía baseada na aprendizaxe validada, a experimentación e a iteración, co obxectivo de reducir o risco no lanzamento de novos produtos e servizos, aprendendo en todo momento das respostas do cliente.

Xestión empresarial

 
Mellora a produtividade e a competitividade do teu proxecto empresarial xestionando o plan de negocio, a súa estrutura, a contabilidade e comprobando os resultados.

Comercialización/marketing

 
Controlarás as diversas técnicas para comercializar o teu produto e sacalo ao mercado coa finalidade de atraer, captar, reter e fidelizar aos clientes fináis a través da satisfacción dos seus desexos e necesidades.

NNTT aplicadas á Procura de Emprego

Redes sociais para atopar traballo: Facebook, LinkedIN, Twitter, Youtube

 
Os reclutadores rastrexan as redes sociais para coñecerche mellor. Aprende a analizar a túa pegada dixital e potenciar o teu perfil profesional facéndoche visible nas redes sociais que máis che favorezan.

Recursos 2.0: portfolio, blog ou web

 
Mostra o teu traballo e os teus proxectos coñecendo as distintas plataformas dixitais e recursos dispoñibles para iso na rede.