3. Procura de emprego 2.0
Procura de emprego 2.0
Exploraremos ferramentas e estratexias dixitais que permiten facer unha busca de emprego máis eficiente, activa e conectada coa realidade actual do mercado laboral. Abordaremos o uso profesional de plataformas como LinkedIn, os portais de emprego máis relevantes, e o papel das redes sociais na creación dunha marca persoal coherente co noso perfil. Traballaremos tamén como identificar oportunidades ocultas e como establecer unha rede de contactos eficaz. O obxectivo é que as persoas participantes adquiran competencias dixitais clave para visibilizar o seu talento e acceder a novas oportunidades laborais.
