Un dos obxectivos do Plan Laboral CEC Coruña 2024 é acadar a inserción laboral dos/das participantes e mellorar os seus niveis de empregabilidade. Ao longo de todo o proxecto, os/as participantes beneficiaranse do seguimento e traballo sistematizado que o equipo técnico levará a cabo, mediante entrevistas de orientación laborais, có fin de acadar información e asesorar técnicamente. Tamén cóntase para iniciativas emprendedoras que xurdan, dun/dunha mentor/a durante un período de tempo determinado para lograr afianzar o seu éxito nas súas etapas de posta en marcha e crecemento, como financiamento, tramitación, forma xurídica, subvención e axudas públicas, plan de empresa, etc.