Un dos obxectivos do Plan Laboral CEC Coruña 2023 é acadar a inserción laboral dos/das participantes e mellorar os seus niveis de empregabilidade. Ao longo de todo o proxecto, os/as participantes beneficiaranse do seguimento e traballo sistematizado que o equipo técnico levará a cabo, mediante entrevistas de orientación laborais, có fin de acadar información e asesorar tecnicamente ó/á
De igual modo, conscientes da actual situación laboral orixinada pola COVID-19, de maneira transversal ao proxecto contamos co servizo da Axencia de Colocación e a Unidade de Orientación Profesional, as cales realizarán o labor de intermediación entre os/as participantes e empresas ofertantes e analizaremos as posibilidades de acreditar a súas competencias formativas ou laborais.
Tamén cóntase para iniciativas emprendedoras que xurdan, dun/dunha mentor/a durante un período de tempo determinado para lograr afianzar o seu éxito nas súas etapas de posta en marcha e crecemento, como financiamento, tramitación, forma xurídica, subvención e axudas públicas, plan de empresa, etc. Así como un espazo coworking que ofrece oportunidades á hora de establecer contactos, garantir un ambiente colaborativo e de creación de sinerxías entre as personas participantes.