O deseño do proxecto tiña que reflectir claramente a comarca da Coruña.

A imaxe corporativa divídese en dúas partes:

  • Montaxe fotográfica
  • Título e slogan

MONTAXE FOTOGRÁFICA

Este proxecto está orientado a persoas da comarca da Coruña. Para a montaxe fotográfica a diferenza de edicións anteriores que usamos a Torre de Hércules como monumento histórico e emblemático para representar a cidade, este reflicte o traballo colaborativo que foi fundamental no éxito da nosa iniciativa. Podemos observar a un grupo de persoas comprometidas, sentadas ao redor dunha mesa equipada con ordenadores, inmersos no proceso de realización do proxecto.

O elemento central desta imaxe é a evidente sinerxia entre as persoas participantes e as persoas que o xestionan, cada unha achegando as súas habilidades e coñecementos para alcanzar obxectivos comúns. A disposición dos ordenadores na mesa reflicte a integración efectiva da tecnoloxía como ferramenta facilitadora do noso labor conxunto.

A visualización da web e do cronograma nas pantallas resalta a transparencia e a eficiencia na xestión. A web é a culminación de esforzos colectivos, onde cada detalle foi meticulosamente maquetado para proporcionar unha experiencia informativa e accesible. A presenza do cronograma non só demostra unha planificación meticulosa, senón tamén unha comunicación clara sobre as metas e as fases críticas do proxecto.

Esta imaxe reflicte o noso compromiso coa colaboración e a transparencia en cada etapa, onde a diversidade de talentos converxe cara a un propósito común: ofrecer unha proposta educativa produtiva e ben estruturada que facilite o acceso ao mercado laboral.

plan-laboral-2023

TÍTULO E SLOGAN

Por que o título “KEY MOMENT”? Porque na actualidade o público novo móvese nun entorno global a través de Internet e as redes sociais, onde o idioma inglés é un referente e soe ser empregado habitualmente nestes entornos, así que utilizar a súa linguaxe é unha forma de conectar con eles, chamar a súa atención e aumentar o impacto da campaña. O significado é “Momento clave”, xa que con estas idades están nunha situación crucial para decidir cal vai ser o seu camiño profesional.

Porén, tamén quixemos darlle importancia a nosa lingua có slogan “A chave do teu futuro” en galego para non esquecer a ligazón coa nosa terra e expresar que con este proxecto darémoslles un impulso para construir unha marca persoal sólida, onde mostrar os seus puntos máis fortes e que poidan optar a todo un abanico de posibilidades laborais.

TÍTULO E SLOGAN