Para as persoas participantes seleccionadas, procederase a deseñar o seu perfil profesional mediante un diagnóstico previo para definir as súas necesidades formativas e as súas preferencias profesionais.

Tendo en conta que o actual mercado laboral é moi variante en tódalas súas vertentes, no Plan Laboral CEC Coruña 2018 contamos cun conxunto de accións formativas que dotarán aos/ás participantes de tódalas ferramentas precisas para que a súa procura sexa efectiva e melloren os seus niveis de empregabilidade, atendendo ás necesidades do/a candidato/a.

Para que as persoas participantes logren desenvolver todo o seu potencial persoal e profesional e alcancen as súas metas e obxectivos propostos, o Plan incluirá tamén cunha sesión de Coaching para fomentar a autoconfianza e autonomía dos participantes e poder tomar as rendas do seu futuro.