Para as persoas participantes seleccionadas, procederase ao deseño do seu perfil profesional mediante un diagnóstico inicial que permita identificar as súas necesidades formativas e preferencias laborais.

Tendo en conta a constante evolución do mercado laboral en todas as súas vertentes, o Plan Laboral CEC Coruña 2025 inclúe un conxunto de accións formativas orientadas a dotar aos/ás participantes das ferramentas necesarias para realizar unha procura de emprego eficaz. O obxectivo é que cada persoa participante poida desenvolver ao máximo o seu potencial, tanto a nivel persoal como profesional, e acadar as metas e obxectivos propostos.
Para iso, o plan incorpora diversos recursos e actividades formativas enfocadas á inserción laboral, que se ofrecerán tanto en modalidade presencial como en teleformación. Entre os contidos previstos destacan:
- Define o teu obxectivo profesional
- Currículum de impacto
- Procura de emprego 2.0
- Creación dun portafolio en liña
- Candidaturas espontáneas e networking
- Como superar unha entrevista de traballo
- Excel
- Inglés nivel B1
- Igualdade
- Acreditación docente para a teleformación