Para as persoas participantes seleccionadas, procederase a deseñar o seu perfil profesional mediante un diagnóstico previo para definir as súas necesidades formativas e as súas preferencias profesionais.
Tendo en conta que o actual mercado laboral é moi variante en tódalas súas vertentes, no Plan Laboral CEC Coruña 2023 contamos cun conxunto de accións formativas que dotarán aos/ás participantes de tódalas ferramentas precisas para que a súa procura de emprego sexa efectiva. Para que as persoas participantes logren desenvolver todo o seu potencial persoal e profesional, e alcancen as súas metas e obxectivos propostos, o plan incluirá tamén ferramentas e recursos formativos para a súa inserción laboral, organizaranse cursos por aula virtual, cursos en modalidade de impartición de teleformación e cursos presenciais. Entre os temas figurarán: Simulacións de entrevistas de traballo, Técnicas de expresión oral, Deseño do Cv, Competencias na empresa, Define o teu obxectivo profesional, Control emocional, Acreditación Docente para a Teleformación, Inglés ou Baño de Bosque.