Para as persoas participantes seleccionadas, procederase a deseñar o seu perfil profesional mediante un diagnóstico previo para definir as súas necesidades formativas e as súas preferencias profesionais.

Tendo en conta que o actual mercado laboral é moi variante en tódalas súas vertentes, no Plan Laboral CEC Coruña 2022 contamos cun conxunto de accións formativas que dotarán aos/ás participantes de tódalas ferramentas precisas para que a súa procura sexa efectiva e melloren os seus niveis de empregabilidade, atendendo ás necesidades do/a candidato/a.

Para que as persoas participantes logren desenvolver todo o seu potencial persoal e profesional, e alcancen as súas metas e obxectivos propostos, o plan incluirá tamén ferramentas e recursos formativos para a súa inserción laboral, organizaranse cursos cunha parte teórica, por aula virtual, cursos en modalidade de impartición de teleformación e cursos con parte práctica presenciais. Entre os temas figurarán: Manexo das emocións, A ciencia do benestar, Mindfulness e resiliencia ao estrés ou Acreditación docente para a Teleformación.