Para as persoas participantes seleccionadas, procederase a deseñar o seu perfil profesional mediante un diagnóstico previo para definir as súas necesidades formativas e as súas preferencias profesionais.

Tendo en conta que o actual mercado laboral é moi variante en tódalas súas vertentes, no Plan Laboral CEC Coruña 2020 contamos cun conxunto de accións formativas que dotarán aos/ás participantes de tódalas ferramentas precisas para que a súa procura sexa efectiva e melloren os seus niveis de empregabilidade, atendendo ás necesidades do/a candidato/a.

Para que as persoas participantes logren desenvolver todo o seu potencial persoal e profesional, e alcancen as súas metas e obxectivos propostos, o plan incluirá tamén ferramentas para a búsqueda de emprego, comunicación e oratoria e control emocional para fomentar a autoconfianza e autonomía, creación e innovación para fomentar a creatividade ou marca personal e copywriting, para mellorar e aumentar a nosa notoriedade no mercado laboral.

Tamén poñeremos ao alcance de calquer usuario unha concienciación compreta a nivel de ciberseguridade, implantando unha serie de pautas e protocolos de actuación para evitar sufrir un ataque informático.