A Confederación de Empresarios de La Coruña (CEC), en colaboración co Concello da Coruña, lanza unha nova edición do seu programa de inserción laboral para persoas desempregadas.
Tras o éxito das edicións anteriores, este ano apostamos por un plan máis adaptado ás necesidades reais dos participantes:
- Máis formación práctica
- Novas ferramentas para a procura de emprego
- Orientación individualizada
- Contacto directo con empresas
- Apoio a ideas emprendedoras
Formacións como: Currículum de impacto, Procura de emprego 2.0, Excel, Inglés B1, Igualdade, Acreditación docente… e moito máis!
O obxectivo? Mellorar a túa empregabilidade e achegarte ao teu próximo emprego.
Se estás en situación de desemprego e buscas unha oportunidade real de mellora profesional… Este é o teu momento!