O deseño do proxecto tiña que reflectir claramente a localidade da Coruña.
A imaxe corporativa divídese en dúas partes:
- Montaxe fotográfica
- Título e slogan
MONTAXE FOTOGRÁFICA
Este proxecto está orientado a persoas da localidade da Coruña. Para a montaxe fotográfica baseámonos como en anteriores edicións do Plan laboral nun monumento histórico e emblemático da cidade: a “Torre de Hércules”, situada na costa norte da península coruñesa. Cabe destacar que se trata do Faro romano en funcionamento máis antigo do mundo e, sen dúbida, é o emblema da cidade.
A tatuaxe da frecha apuntando á letra “N” adquire gran importancia neste deseño, xa que representa a orientación laboral de mozos e mozas da Coruña. Unha frecha cando se dispara só pode ir nun sentido, cara adiante, por iso tamén buscamos guialos desde unha perspectiva profesional, deixando atrás os conflitos e problemas que poidan ter, para seguir evolucionando e poderse enfrontar a un mundo laboral afectado pola crise derivada do covid-19.
Moitas persoas aínda non saben que camiño seguir, xa que unha das consecuencias máis devastadoras que trouxo esta pandemia foi a diminución da actividade da maioría das empresas, pero hai que seguir en actividade. O mercado laboral está en constante evolución e resulta necesario un esforzo para trocar os coñecementos en habilidades organizativas, motivacionais, traballo en equipo… xa que todo volverá á normalidade e hai que estar preparado.
TÍTULO E SLOGAN
Por que o título “KEY MOMENT”? Porque na actualidade o público novo móvese nun entorno global a través de Internet e as redes sociais, onde o idioma inglés é un referente e soe ser empregado habitualmente nestes entornos, así que utilizar a súa linguaxe é unha forma de conectar con eles, chamar a súa atención e aumentar o impacto da campaña. O significado é “Momento clave”, xa que con estas idades están nunha situación crucial para decidir cal vai ser o seu camiño profesional.
Porén, tamén quixemos darlle importancia a nosa lingua có slogan “A chave do teu futuro” en galego para non esquecer a ligazón coa nosa terra e expresar que con este proxecto darémoslles un impulso para construir unha marca persoal sólida, onde mostrar os seus puntos máis fortes e que poidan optar a todo un abanico de posibilidades laborais.