Un dos principais obxectivos do Plan Laboral CEC Coruña 2025 é facilitar a inserción laboral das persoas participantes, así como mellorar os seus niveis de empregabilidade. Ao longo de todo o proxecto, as persoas beneficiarias contarán cun seguimento individualizado e cun traballo sistematizado por parte do equipo técnico, mediante entrevistas de orientación laboral orientadas a recoller información relevante e a ofrecer asesoramento técnico especializado.
Ademais, para aquelas iniciativas emprendedoras que poidan xurdir durante o desenvolvemento do programa, o Plan prevé o acompañamento por parte dun/dunha mentor/a durante un período determinado. Este apoio ten como finalidade afianzar o éxito do proxecto emprendedor nas súas etapas iniciais e de crecemento, abordando aspectos clave como o financiamento, a tramitación administrativa, a elección da forma xurídica, o acceso a subvencións e axudas públicas, e a elaboración do plan de empresa.
