O deseño do proxecto tiña que reflectir claramente a comarca da Coruña.
A imaxe corporativa divídese en dúas partes:
- Montaxe fotográfica
- Título e slogan
MONTAXE FOTOGRÁFICA
Este proxecto está orientado a persoas da comarca da Coruña. Para a montaxe fotográfica a diferenza de edicións anteriores que usamos a Torre de Hércules como monumento histórico e emblemático para representar a cidade, este reflicte o traballo colaborativo que foi fundamental no éxito da nosa iniciativa.
Esta imaxe reflicte o noso firme compromiso coa colaboración e a transparencia en cada etapa do noso proceso educativo. No centro da imaxe, obsérvase a un grupo diverso de persoas interactuando e conversando nun entorno profesional, o que simboliza o resultado positivo da formación recibida. Estas persoas, que parecen ter concluído a súa formación, están preparadas para enfrontarse ao mercado laboral, dispostas a aproveitar ao máximo o talento e os coñecementos adquiridos.
No lado esquerdo da imaxe, destacan varios iconos que representan a empregabilidade laboral. Estes iconos conectan visualmente ás persoas da imaxe, simbolizando a rede de oportunidades e o intercambio de ideas que a nosa formación fomenta. A imaxe transmite unha atmosfera de dinamismo e entusiasmo, destacando como a diversidade de talentos converxe cara a un propósito común: ofrecer unha proposta educativa produtiva e ben estruturada que facilite a integración no mercado laboral.
A interacción e a diversidade visible na imaxe reforzan a idea de que a nosa formación non só ensina, senón que tamén prepara ás persoas participantes para integrarse de maneira exitosa e colaborativa no mercado laboral.
TÍTULO E SLOGAN
Por que o título “KEY MOMENT”? Porque na actualidade o público novo móvese nun entorno global a través de Internet e as redes sociais, onde o idioma inglés é un referente e soe ser empregado habitualmente nestes entornos, así que utilizar a súa linguaxe é unha forma de conectar con eles, chamar a súa atención e aumentar o impacto da campaña. O significado é “Momento clave”, xa que con estas idades están nunha situación crucial para decidir cal vai ser o seu camiño profesional.
Porén, tamén quixemos darlle importancia a nosa lingua có slogan “A chave do teu futuro” en galego para non esquecer a ligazón coa nosa terra e expresar que con este proxecto darémoslles un impulso para construir unha marca persoal sólida, onde mostrar os seus puntos máis fortes e que poidan optar a todo un abanico de posibilidades laborais.