O deseño do proxecto tiña que reflectir claramente a comarca da Coruña.
A imaxe corporativa divídese en dúas partes:
- Montaxe fotográfica
- Título e slogan
MONTAXE FOTOGRÁFICA
Este proxecto está orientado a persoas da comarca da Coruña. Para a montaxe fotográfica a diferenza de edicións anteriores que usamos a Torre de Hércules como monumento histórico e emblemático para representar a cidade, este ano baseámonos na cor «Verde Galicia». Unha cor única que para poder apreciala en toda a súa explendor debes adentrarte nun bosque galego, a ser posible cando o orballo faga a súa función, xa que converte o sinxelo nalgo máxico.
A natureza favorece o aprendizaxe, a concentración e a relaxación. Tamén reduce o estrés e estimula os nosos cincos sentidos axudándonos a ser persoas moito máis creativas. É unha fonte constante de estímulos positivos adaptado ao ritmo de cada persoa. Coa unidade formativa de este ano buscamos que as persoas participantes poidan crecer e aprender como seres holísticos, tendo en conta o contorno e os diferentes aspectos que compoñen á persoa, nun marco de colaboración, intercambio e solidariedade.
Moitas persoas aínda non saben que camiño seguir, xa que unha das consecuencias máis devastadoras que trouxo esta pandemia foi un aumento de trastornos de saúde mental. Conectar connoscos mesmos é un aspecto clave para gozar dunha vida en paz e harmonía. A pesar do estrés da vida diaria, é importante reservar un pequeno espazo de tempo para nós.
O líquen é un símbolo de supervivencia, xa que ten unha fantástica capacidade de adaptación a calquera ecosistema. Neste deseño adquire un gran valor, xa que queremos representar un cambio positivo nas persoas participantes, orientándoas e formándoas para que deixen atrás os conflitos e problemas que poidan ter, e sigan evolucionando para poderse enfrontar a un mundo laboral afectado pola crise derivada do covid-19.
TÍTULO E SLOGAN
Por que o título “KEY MOMENT”? Porque na actualidade o público novo móvese nun entorno global a través de Internet e as redes sociais, onde o idioma inglés é un referente e soe ser empregado habitualmente nestes entornos, así que utilizar a súa linguaxe é unha forma de conectar con eles, chamar a súa atención e aumentar o impacto da campaña. O significado é “Momento clave”, xa que con estas idades están nunha situación crucial para decidir cal vai ser o seu camiño profesional.
Porén, tamén quixemos darlle importancia a nosa lingua có slogan “A chave do teu futuro” en galego para non esquecer a ligazón coa nosa terra e expresar que con este proxecto darémoslles un impulso para construir unha marca persoal sólida, onde mostrar os seus puntos máis fortes e que poidan optar a todo un abanico de posibilidades laborais.