Un dos obxectivos do Plan Laboral CEC Coruña 2021 é acadar a inserción laboral dos/das participantes e mellorar os seus niveis de empregabilidade mediante as distintas acción en liña que desde a mesma están previsto levar a cabo. Ao longo de todo o proxecto, os/as participantes beneficiaranse do seguimento e traballo sistematizado que o equipo técnico levará a cabo con eles/as, mediante entrevistas de orientación laborais, có fin de acadar información e asesorar tecnicamente ó/á participante.
Para concluir qué tipo de empresa é a máis adecuada para cada persoa, profesionais especializados en investigación e estudios de nichos de empregabilidade, analizarán a contorna de traballo delimitando os ámbitos xeográfico, ocupacional, funcional e temporal.
De igual modo, conscientes da actual situación laboral orixinada pola COVID-19, de maneira transversal ao proxecto contamos co servizo da Axencia de Colocación, homologada, a cal realizará o labor de intermediación entre os/as participantes e empresas ofertantes.
Tamén cóntase para iniciativas emprendedoras que xurdan, dun/dunha mentor/a durante un período de tempo determinado para lograr afianzar o seu éxito nas súas etapas de posta en marcha e crecemento, como financiamento, tramitación, forma xurídica, subvención e axudas públicas, plan de empresa, etc.