Baixo a denominación de Plan Laboral CEC Coruña  pretendemos desenrolar un proxecto para facilitar o acceso ao mercado de traballo das persoas menores de 30 anos en situación de desemprego, mediante a formación en competencias e habilidades transversais, que redunden de xeito positivo na adquisición de ferramentas axeitadas para a súa inserción laboral.

Para logralo realizarase un programa dividido en oito fases o actuacións, que estrutúranse en dous momentos diferentes:

  • Unha primeira encamiñada a analizar o mercado laboral da contorna da Coruña, identificando empresas empregadoras, e demandantes de emprego con perfís adecuados
  • Unha segunda na que se actúa sobre os beneficiarios para mellorar a súa empregabilidade.

A xestión coordinarase entre  o Concello e a CEC mediante a creación dunha comisión de coordinación, seguimento e control.

OBXECTIVOS XERAIS

Primeiro Obxectivo

Facilitar o acceso ao mercado laboral das persoas participantes no Plan

Segundo Obxectivo

Aumentar a súa formación e habilidades para a inserción laboral, mellorando os seus coñecementos, actitudes e aptitudes para a empregabilidade.

Tercer Obxectivo

Levar a cabo procesos de intermediación laboral entre empresas e os participantes

COLECTIVOS BENEFICIARIOS

Persoas menores de 30 anos en situación de desemprego.

Proxecto

ACTUACIÓNS ESPECÍFICAS

1. CAPTACIÓN DE CANDIDATOS/AS E DIFUSIÓN

Levarase a cabo unha campaña de comunicación para dar a coñecer o Plan Laboral CEC Coruña 2018 polo equipo técnico da CEC e contratación externa para captar os 120 participantes previstos.

2. LOCALIZACIÓN DE NICHOS DE EMPREGABILIDADE NA CORUÑA

Realizarase un seguimento do comportamento do mercado laboral no concello da Coruña e na súa área influencia, estudando a contratación rexistrada e as oportunidades laborais.

3. SELECCIÓN DE BENEFICIARIOS

Entre todas as persoas candidatas, o equipo técnico da CEC, seleccionará as 60 persoas máis idóneas para o proxecto, que serán entrevistadas e avaliadas para identificar os 30 beneficiarios do programa.

4. PLAN PERSONALIZADO DE EMPREGABILIDADE

Neste Plan teranse en conta o nivel formativo, as expectativas persoais e profesionais do candidato/a e a demanda do mercado laboral.

5. FORMACIÓN

Para dotar aos participantes de ferramentas e recursos formativos para a súa inserción laboral, organizaranse seminarios presenciais e tamén será posible a formación online. Entre moitos temas figurarán como facer un CV creativo e efectivo, a marca persoal, recursos 2.0 e redes sociais para atopar traballo, técnicas para facer unha entrevista de traballo, habilidades para falar en público, comercialización, creación de empresa, xestión empresarial, plan de negocio…

6. ORIENTACIÓN TUTORIZACIÓN INDIVIDUALIZADA

O departamento de orientación laboral levará a cabo durante todo o proxecto entrevistas de orientación para recabar información e asesorar ao participante e ademáis o equipo técnico do programa terá tutorías periódicas para ver o progreso deste no mesmo.

7. FOMENTO DA AUTOCONFIANZA E AUTONOMÍA DOS PARTICIPANTES

Para mellorar este aspecto realizaranse sesións individualizadas de coaching para avaliar a actitude de cada un dos participantes e traballar as cuestións que melloren a súa empregabilidade.

8. MENTORING PARA INICIATIVAS EMPRENDEDORAS

Ofrecerase acompañamento a todas as persoas participantes que teñan una idea de negocio na configuración do plan de empresa e todo o proceso de creación.

CONTIDOS DA ACCIÓN FORMATIVA

Os contidos organízanse en 5 bloques temáticos, o que implica 14 módulos a impartir, según o seguinte esquema

BLOQUE TEMÁTICO

MÓDULO FORMATIVO

1.- Autocoñecemento Persoal 1.-Intelixencia Emocional para a procura eficaz de emprego
2.-Habilidades de Comunicación e Oratoria
3.-Posicionamento na Procura de Emprego: Marca persoal
2.- Ferramentas de Procura de Emprego 4.-Como facer un CV visual e efectivo
5.-Simulacións de Entrevistas de traballo
6.-Simulacións de Dinámicas de Grupo
3.- Mercado Laboral 7.-Políticas activas de emprego na Administración Pública e Privada: Alternativas á inserción laboral.
8.-Políticas de contratación do actual mercado laboral.
4. – Creación de empresa 9. –Modelo de negocio

10. – Plan empresarial (Lean Startup)

11. – Xestión empresarial

12. – Comercialización/marketing

5.- NNTT aplicadas á Procura de Emprego 13.- Redes sociais para atopar traballo: Facebook, LinkedIN, Twitter, Youtube

14. – Recursos 2.0: portfolio, blog ou web

Esta formación presencial completarase con contidos online para cada un dos módulos, mediante o acceso a unha plataforma de formación específica. A cada un dos participantes do proxecto daráselles a opción, finalizado o Plan Laboral CEC Coruña 2018, de entregarnos o seu currículo para o seu traslado a nosa Axencia de Colocación, a cal realizará o labor de intermediación entre os/as participantes e empresas ofertantes.

ESTÁS SEN EMPREGO OU NECESITAS ORIENTACIÓN?

FINANCIADO POR