O deseño do proxecto tiña que reflectir claramente a localidade da Coruña.

A imaxe corporativa divídese en dúas partes:

  • Montaxe fotográfica
  • Título e slogan

MONTAXE FOTOGRÁFICA

Como este proxecto está orientado a persoas dentro da localidade da Coruña, para a montaxe fotográfica baseámonos en dous monumentos históricos e emblemáticos da cidade: a “Torre de Hércules” e a “Estatua de Breogán”, ambos situados na Furna dos Touciños, dentro do Parque Escultórico da Torre de Hércules.

Breogán foi un rei celta que fundou a cidade de Brigantia, orixe mitolóxico da Coruña, onde tamén construíu unha torre, que denominou “Torre de Breogán”. No século XIX, historiadores románticos galegos, como Manuel Murguía ou Eduardo Pondal, chegaron a identificala como a Torre de Hércules.

Actualmente Breogán está considerado por moitos como o pai mitolóxico do pobo galego e conta cunha estatua a escasos metros da Torre de Hércules. Un faro construído no século I polos romanos co nome de Farum Brigantium.

Hoxe en día é o Faro romano en funcionamento máis antigo do mundo e, sen dúbida, o emblema da cidade da Coruña. Neste deseño tamén hai outros tres obxectos con certa importancia: a lúa chea, a luz do faro e a chave.

A igualdade de xénero é unha loita que aínda persiste, por iso quixemos reflectir o noso apoio ao empoderamento da muller neste proxecto coa lúa chea, xa que en diversas mitoloxías é a representanción da deidade feminina e no deseño ocupa unha situación central.

A función principal da luz do faro foi sempre a de ser un punto de referencia para orientar e dirixir aos numerosos navegantes que se enfrontan diariamente á inmensidade do océano. No plantexamento a luz do faro representa a orientación laboral, xa que con este programa buscamos axudar e guiar aos mozos e mozas en desemprego da Coruña desde unha perspectiva profesional, para que saiban enfrontarse ao cambiante mundo laboral.

Moitos aínda non saben que camiño seguir, xa que actualmente a competencia profesional crece a niveis exponenciais. Nese sentido, resulta necesario un esforzo por cambiar esos coñecementos por habilidades organizativas, motivacionais, traballo en equipo… Coa chave, que conforman o ceo e a lúa e enmarcada pola Torre e Breogán, queremos expresar que esta xeración ten o futuro nas súas mans.

MONTAXE FOTOGRÁFICA

TÍTULO E SLOGAN

Por que o título “KEY MOMENT”? Porque na actualidade o público novo móvese nun entorno global a través de Internet e as redes sociais, onde o idioma inglés é un referente e soe ser empregado habitualmente nestes entornos, así que utilizar a súa linguaxe é unha forma de conectar con eles, chamar a súa atención e aumentar o impacto da campaña. O significado é “Momento clave”, xa que con estas idades están nunha situación crucial para decidir cal vai ser o seu camiño profesional.

Porén, tamén quixemos darlle importancia a nosa lingua có slogan “A chave do teu futuro” en galego para non esquecer a ligazón coa nosa terra e expresar que con este proxecto darémoslles un impulso para construir unha marca persoal sólida, onde mostrar os seus puntos máis fortes e que poidan optar a todo un abanico de posibilidades laborais.

TÍTULO E SLOGAN