La Confederación de Empresarios de La Coruña, co financiamento do Concello da Coruña, lanza o programa gratuíto “Plan Laboral CEC Coruña”, “ Key Moment. A chave do teu futuro”, cuxo fin é impulsar o emprego, por conta propia ou allea, entre mozos menores de 30 anos do municipio coruñés e a súa zona de influencia (Culleredo, Arteixo, Oleiros e Cambre).

O proxecto inclúe un plan personalizado de empleabilidad, seminarios especializados, orientación e tutorización individualizada, sesións de coaching, mentoring e inserción laboral.

Para tomar parte no Plan é necesario estar inscrito como demandante de emprego e na propia web do proxecto (https://chave.cec.es/). De entre todas as persoas participantes seleccionaranse 30 para entrar no programa, que se desenvolverá nas instalacións da sede da patronal coruñesa. Estas recibirán un plan personalizado de empleabilidad adaptado ao seu nivel formativo, expectativas persoais e profesionais e a demanda do mercado laboral; seminarios especializados, por exemplo, como facer un CV atractivo e visual ou de xestión empresarial; orientación e tutorización individualizada; sesións de coaching para fomentar a súa confianza e autonomía; mentoring para iniciativas emprendedoras e, finalmente, potenciarase a súa inserción laboral.

Desta forma, apoiaranse os proxectos e vocacións emprendedoras dos mozos, fomentarase a súa capacidade de establecer contactos profesionais, visibilizarase a súa marca persoal e mellorarase o seu posicionamento en redes sociais. Con todas estas accións a CEC pretende combater a elevada taxa de paro xuvenil, que na Coruña ascende ao 34,6%, segundo datos extraídos da Enquisa de Poboación Activa (EPA) que elabora o Instituto Nacional de Estatística (INE) correspondente ao segundo trimestre do ano, á vez que apoia ás persoas novas na procura de emprego ante as dificultades ás que se enfrontan actualmente para conseguir traballo.

As inscricións poden realizarse. aquí

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *